Languages

You are here

Tesis doctoral

El reglamento aplicable relativo a la elaboración, tramitación y evaluación de la tesis doctoral es el contemplado en el Real Decreto 99/2011 y, en el reglamento de doctorado de la UDC, alguno de cuyos artículos reproducimos:

 

Artigo 25. Duración máxima e mínima dos estudos de doutoramento a tempo completo e a tempo parcial
A duración dos estudos de doutoramento a tempo completo e a tempo parcial será, respectivamente, dun máximo de tres e cinco anos. En cada caso, esta duración contarase desde a primeira matrícula do doutorando polo concepto de tutela académica do doutoramento ata a presentación da solicitude do depósito da tese de doutoramento.
A duración mínima dos estudos de doutoramento será, a tempo completo e a tempo parcial, de 18 meses, contados desde a admisión do doutorando ata a presentación da solicitude do depósito da tese de doutoramento.
No caso de estudantes procedentes de estudos de doutoramento regulados por normativas anteriores ou traslados de expedientes doutras universidades, computará para os efectos do establecido no parágrafo anterior o período en tutela académica previo á matrícula no programa de doutoramento na Universidade da Coruña.
Cando nun mesmo programa de doutoramento, o doutorando utilizase ambas as modalidades de matrícula, computarase para todos os efectos a duración dos estudos de doutoramento en termos de estudos a tempo completo coa consideración de que un ano de matrícula a tempo parcial equivale a 0,6 anos de matrícula a tempo completo.


Artigo 26. Prórrogas para a realización dos estudos de doutoramento a tempo completo e a tempo parcial
Se a solicitude do depósito da tese de doutoramento non se presenta transcorrido o prazo establecido, a CAPD podería autorizar a prórroga do prazo, logo da solicitude do doutorando. A prórroga sería dun ano nos estudos de doutoramento a tempo completo e de dous anos nos estudos de doutoramento a tempo parcial. De forma excepcional, podería ampliarse este prazo en ambos os casos en outro ano adicional. A autorización das citadas prórrogas farase de forma motivada e de acordo coa normativa da universidade.

 

Artigo 10. Directores da tese de doutoramento

No prazo máximo de tres meses desde a súa matriculación, a CAPD asignará a cada doutorando un director/a de tese de doutoramento quen será o máximo responsable da coherencia e idoneidade das actividades de formación, do impacto e novidade no seu campo da temática da tese de doutoramento e da guía na planificación e a súa adecuación, no seu caso, á doutros proxectos e actividades onde se inscriba o doutorando.

Poderá ser director/a da tese calquera doutor/a español/a ou estranxeiro/a, con experiencia acreditada investigadora, con independencia da universidade, centro ou institución en que preste os seus servizos. Para efectos desta normativa, por acreditada experiencia investigadora enténdese o cumprimento dalgún dos seguintes requisitos:

  • Ter recoñecido polo menos un sexenio de actividade investigadora.
  • Ser, nos últimos seis anos, investigadora ou investigador principal dun proxecto de investigación financiado mediante convocatoria pública (excluídos os proxectos de convocatorias propias da universidade).
  • Acreditar a autoría ou coautoría, nos últimos seis anos, de polo menos tres publicacións en revistas incluídas no Journal Citation Reports. Naquelas áreas en que pola súa tradición non sexa aplicable este criterio substituirase por un requisito comparable segundo o establecido pola Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (CNEAI) nestes campos científicos.
  • Acreditar a autoría ou coautoría dunha patente en explotación.
  • Ter dirixido unha tese de doutoramento nos últimos cinco anos coa cualificación de Sobresaliente Cum Laude ou Apto Cum Laude que dese lugar, polo menos, a unha publicación en revistas indexadas no ISI-JCR ou algunha contribución relevante no seu campo científico segundo os criterios da Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (CNEAI).

No caso de que un profesor ou profesora do programa cumpra os requisitos para ser director/a e titor/a asumirá as dúas funcións.
No caso que o/a director/a non teña vinculación permanente coa universidade ou entidade colaboradora do programa ou non sexa docente do programa, a CAPD asignará un titor que cumpra os requisitos establecidos no artigo 9 deste regulamento.
A CAPD, ouvido o doutorando, poderá modificar o nomeamento do/a director/a de tese en calquera momento do período de realización do doutoramento, sempre que concorran razóns xustificadas.
A tese poderá ser codirixida cando concorran razóns de índole académica ou cando a interdisciplinariedade temática ou os programas desenvolvidos en colaboración nacional ou internacional así o xustifiquen. En todo caso a codirección deberá ser previamente autorizada pola CAPD e tal autorización poderá ser revogada con posterioridade se, a xuízo da CAPD, a codirección non beneficia o desenvolvemento da tese. Os codirectores da tese deberán cumprir os mesmos requisitos que os establecidos para os directores no presente regulamento.
O labor de dirección de tese será recoñecida como parte da dedicación docente e investigadora do profesorado.

 

Disposición transitoria terceira: codireccións de teses de doutoramento (introducida polo Consello de Goberno do 23 de abril de 2013):

Establécese un período transitorio de tres anos durante os cales, no caso de teses con mais dun director, un dos codirectores da tese poderá non cumprir os requisitos establecidos para os directores no artigo 10 deste regulamento, sendo suficiente que os outros codirectores acrediten experiencia investigadora segundo o artigo 10 deste regulamento. Os tres anos empezarán a contar a partires do día seguinte ao da entrada en vigor desta modificación.

 

Artículo 33. A tese de doutoramento

A tese de doutoramento consistirá nun traballo orixinal de investigación relacionado cos campos científico, técnico ou artístico do programa de doutoramento cursado polo doutorando.

A tese de doutoramento redactarase, como norma xeral, en lingua galega, castelá, inglesa ou portuguesa ou no idioma de uso común no ámbito científico, técnico ou artístico do que setrate. Porén, o órgano responsable dos estudos de doutoramento na universidade poderá autorizar a súa redacción noutro idioma, logo de que a CAPD informe favorablemente e garanta que o tribunal estea en condicións de xulgala. No caso de que se redacte nunha lingua distinta do galego ou do castelán, a tese deberá incluír un anexo, incluído no propio volume da tese, que conterá un resumo de, polo menos, tres mil palabras en galego ou en castelán

A tese de doutoramento deberá incluír polo menos: un resumo, unha introdución, os obxetivos, a metodoloxía, os resultados, as conclusións e a bibliografía, así como os informes de valoración da tese por parte do/a director/a e titor/a. A universidade valorará a posibilidade de publicar unha guía de boas prácticas para a dirección de teses de doutoramento e mais unha guía de estilo para a presentación da tese de doutoramento.

 

Artigo 34. Procedemento de autorización da tese para a súa defensa

Unha vez que remate a elaboración da tese e logo do informe favorable do Director ou Directores e, no seu caso, do Titor, o doutorando solicitará á CAPD a autorización para a súa defensa de acordo co procedemento establecido ao efecto en cada caso.

Unha vez autorizada a presentación da tese para a súa defensa por parte da CAPD, esta remitirá a maior brevidade ao órgano/unidade responsable dos estudos de doutoramento na universidade a seguinte documentación:

  • Informe de autorización para a defensa da tese emitido pola CAPD.
  • Un exemplar da tese en soporte papel asinado polo doutorando, polo Director ou Directores da tese e, de se-lo caso, polo Titor e un exemplar en formato electrónico (PDF).
  • Toda a documentación requirida no caso de que se solicite a Mención Internacional e/ou tese por compendio de publicacións segundo o estabrecido no presente regulamento.
  • Documento de Actividades do doutorando actualizado e o Plan de Investigación acompañado dos informe favorables do Titor e do Director.
  • Unha proposta da composición do tribunal que xulgará a tese aprobada pola CAPD, formado por doutores especialistas na materia da tese de doutoramento, con experiencia investigadora acreditada e segundo o estabrecido no artigo 36 do presente regulamento.

Unha vez recibida toda a documentación da tese e revisado pola unidade competente que o expediente está completo e correcto, abrirase un período de exposición pública de 10 días hábiles en período lectivo, garantindo a máxima difusión institucional para que calquera doutor poida examinar a tese e dirixirlle por escrito as consideracións que estime oportunas ao órgano/unidade responsable dos estudos de doutoramento na universidade. Co fin de facilitar a consulta das teses, a Universidade valorará a posibilidade de habilitar un procedemento telemático, sempre que non concorran limitacións derivadas do art. 14.6 do RD 99/2011.

Finalizado o período de exposición pública, o órgano/unidade responsable dos estudos de doutoramento na universidade valorará a tese tendo en conta o informe da CAPD e as alegacións recibidas, de se-lo caso. Asemade, o órgano/unidade responsable dos estudos de doutoramento na universidade poderá convocar ao doutorando e/ou Director ou solicitarlle resposta razoada das alegacións ou outra información que considere necesaria, poderá consultar á CAPD e/ou contar coa colaboración doutros doutores externos para asesoramento na avaliación da tese.

Trala valoración da tese o órgano/unidade responsable dos estudos de doutoramento na universidade decidirá aprobar ou denegar a continuidade dos trámites, deixando rexistro desta decisión no Documento de Actividades do doutorando. Esta decisión será comunicada ao Director ou Directores da tese de doutoramento, ao doutorando e á CAPD.

No caso de denegación da continuidade dos trámites, que deberá estar debidamente motivada, o órgano/unidade responsable dos estudos de doutoramento na universidade comunicará ao doutorando as vías que poidan conducir a corrixir axeitadamente a súa tese de doutoramento, antes de proceder a unha nova solicitude de depósito.

No caso de aprobación de continuidade procederase a aprobación do tribunal nos termos estabrecidos no artigo 36 do presente regulamento.

Nomeado o tribunal e suplentes, comunicarase o nomeamento á CAPD e ao Director, e farase chegar a cada un deles a notificación da súa designación, un exemplar da tese de doutoramento, e o expediente do doutorando. A partir deste momento disporán de 20 días naturais para enviarlle ao órgano/unidade responsable dos estudos de doutoramento na universidade un informe individual e razoado no que se valore a tese e figure explicitamente o dictame sobre se procede ou non a autorización para a defensa da tese.

Unha vez recibidos os informes  o órgano/unidade responsable dos estudos de doutoramento na universidade disporá se procede ou non a defensa pública ou, de ser o caso, a interrupción da súa tramitación, o que se comunicará por escrito ao doutorando, aos Directores da tese e á CAPD.

De ser denegada a autorización da defensa da tese de doutoramento polo órgano/unidade responsable dos estudos de doutoramento na universidade, o doutorando poderá solicitar a certificación literal dos ditames a que se refire o párrafo anterior. No caso de ser autorizada a defensa o doutorando poderá solicitar a certificación literal dos informes despois da súa defensa.

A defensa pública deberá realizarse nun prazo máximo de tres meses dende a posta a disposición do tribunal da documentación especificada anteriormente neste mesmo artigo, exemplar de tese e expediente do doutorando, salvo causas debidamente xustificadas. Se se supera este prazo deberán iniciarse de novo os trámites de autorización da tese para súa defensa.

Ao longo do proceso de autorización da defensa da tese o doutorando estará obrigado a introducir os datos da súa tese na base TESEO segundo o procedemento e prazos que estabreza a Universidade

 

NOTA: Adicionalmente a esta normativa de la UDC referente al procedimiento de autorización de defensa de tesis, en el programa de doctorado en Computación, para que una tesis doctoral pueda ser defendida deberá contar con, al menos, un avance de resultados difundidos en una publicación relevante en el ámbito de Ciencias de la Computación, publicación aceptada o publicada.

 

Artigo 40. Mención internacional do título de doutor/a
O título de doutor/a poderá incluír no seu anverso a mención «Doutor/a internacional», sempre que concorran as seguintes circunstancias:

  • a) Que durante a etapa de realización da tese, o/a doutorando/a realizase unha estadía mínima de tres meses fóra de España nunha institución de ensino superior ou centro de investigación de prestixio, cursando estudos ou realizando traballos de investigación. A estadía e as actividades teñen que ser avaladas polo/a director/a e autorizadas pola CAPD, e incorporaranse ao documento de actividades do doutorando.
  • b) Que parte da tese, polo menos o resumo e as conclusións, se redacte e sexa presentada nunha das linguas habituais para a comunicación científica no seu campo de coñecemento, distinta a calquera das linguas oficiais en España. Esta norma non será de aplicación cando as estadías, os informes e os expertos procedan dun país de fala hispana.
  • c) Que a tese fose informada por un mínimo de dous expertos doutores pertencentes a algunha institución de educación superior ou instituto de investigación non española.
  • d) Que polo menos un experto pertencente a algunha institución de educación superior ou centro de investigación non español, co título de doutor/a, e distinto da persoa responsable da estadía mencionada no apartado a), forme parte do tribunal avaliador da tese e distinto dos dous expertos referidos no apartado c).
  • e) Que a defensa da tese sexa efectuada na propia universidade española en que o doutorando estivese inscrito, ou, no caso de programas de doutoramento conxuntos, en calquera das universidades participantes ou nos termos que indiquen os convenios de colaboración.

A CAPD deberá remitir ao órgano responsable dos estudos de doutoramento na universidade a documentación acreditativa da estadía, a súa autorización para realizala e os informes dos dous expertos externos, xunto co resto de documentación, para que poida proceder á autorización da defensa da tese de doutoramento.

 

Calificación de la tesis (BOE 13 Julio de 2013)

Artículo segundo. Modificación del Real Decreto 99/2011, de 28 de enero, por el que se regulan las enseñanzas oficiales de doctorado.
El Real Decreto 99/2011, de 28 de enero, por el que se regulan las enseñanzas oficiales de doctorado, queda modificado de la siguiente manera:
Uno. El artículo 14, apartado 7, queda redactado en los siguientes términos:

«El tribunal emitirá un informe y la calificación global concedida a la tesis de acuerdo con la siguiente escala: No apto, aprobado, notable y sobresaliente. El tribunal podrá otorgar la mención de cum laude si la calificación global es de sobresaliente y se emite en tal sentido el voto secreto positivo por unanimidad".